Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

Chove en Santiago

Este é o título dunha canción de Luar na Lubre, unha canción que vén a evocar a choiva na pedra de Santiago. Hoxe torna a chover en Santiago, e chove sobre mollado. Outra vez xurde desde o interior dun pobo o berro quebrantado que di “nunca máis”, e unha vez máis choramos a xeito de choiva sobre a pedra inquebrantable da catástrofe. E hoxe, como moitas outras veces, escribo este post dende o tren, hoxe nun AVE Albacete – Madrid,  e coma moitas outras ocasións vexo a paisaxe e a comparo coa de Galicia e hoxe, como noutras ocasións boto en falta o minifundismo, o verde, a montaña e o mar. Pero hoxe é diferente, hoxe non boto en falta a miña terra, hoxe sinto moi dentro a dor da traxedia. Hoxe posiblemente comparto coas persoas que onte viaxaban , o desexo de chegar ao meu destino, posiblemente comparto o cansancio do día ou a mirada pegada ao cristal para atopar algún soño alén do horizonte, pero non comparto unha portada morbosa de periódico, nin os comentarios desafortunados dos ter